Aínda que vos pareza mentira... aquí estou de novo! Pensei en pechar o blog pero deume pena. Xa é moito tempo latricando nel, e collinlle cariño (unha, que é así de sentimental).
Non me vou poñer moi transcendental que quero que cheguedes polo menos á metade do post... Contareivos que me dediquei basicamente a estudar desde a última actualización (aínda que iso xa o sabedes case tod@s @s que ides ler isto). Xa me pode servir de algo, que senón non volvo mirar para uns apuntamentos na vida! (vale, igual si, que agora non é plan de deixar a carreira a medias...)
O mellor de todo é ese alivio que se sinte ao rematar (aínda queda algún parcial, pero eses non contan). Aínda así, creo que vou botar de menos a algún que outro profesor, porque xa había ben tempo que non tiña a sensación de que ir a clase me servira para algo...
Pois nada... que espero ter un pouco máis de tempo para todo o mundo (polo menos durante unha tempada), pero non prometo actualizacións periódicas, nin aquí nin no flog, que xa sabedes como son eu para estas cousas... Intentarei dedicarme uns días a facer algo decente da páxina de apuntamentos, pero ándome mergullando en linux e igual non teño tempo para todo... xD
Unha aperta, que ben a merecedes @s que pasedes por aquí despois de tanto tempo...